Skip to main content
Sober

Arredor de 140.000 euros para acometer melloras no Concello de Sober

Por 7 Setembro, 2023Setembro 8th, 2023Sin comentarios

O Concello de Sober vai levar a cabo as obras de tres proxectos para a mellora, ampliación e automatización da rede municipal de augas e cun orzamento de 140.000 euros.

Así, dous deles realízanse ao abeiro de dúas axudas da Xunta de Galicia a través dunha achega de 100.000 euros; unha delas da Vicepresidencia Primeira e outra de Augas de Galicia.

A primeira actuación vai consistir en melloras na rede municipal, na que se van cambiar dous tramos de tubaxe de fibrocemento (100 metros aproximadamente), substituiranse varias chaves de corte, vanse colocar redutores de presión e tamén se van mellorar varias arquetas. No marco desta intervención está previsto ademais cambiar un tramo de 300 metros da rede no lugar de Telleiros.

Por outro lado, vanse colocar arredor de 20 contadores electrónicos de tramo en diversas zonas co obxectivo de detectar facilmente posibles fugas ou enganches ilegais á rede. Son contadores de última xeración que miden o consumo de modo automático e pode detectarse ao instante unha fuga ou outra anomalía mediante avisos de alarma que recibe o persoal de mantemento no seu teléfono ou noutro dispositivo electrónico.

Por último, o terceiro dos proxectos é a ampliación da rede na parroquia de Anllo, unha actuación á que se van destinar 40.000 euros con cargo o Plan Único de 2023.