Skip to main content
Taboada

Taboada celebrará o 7 de setembro a súa Queima das Fachas

Por 4 Setembro, 2023Sin comentarios

A asociación que organiza a Queima das Fachas de Castelo, de Taboada, informou que o vindeiro 7 de setembro do 2023, Castelo acollerá a celebración dunha unha nova edición.

Neste evento, o lume é o protagonista, xa que se queiman diferentes tipos de materiais entre os cales podemos destacar agucios, xestas, odres impregnados en pez, resina de piñeiros, así como outros tipos de elementos cos que se adoitan facer unha especie de fachas, e incluso as persoas máis valentes atravesan brasas pisándoas descalzas.

Esta asociación asistiu fai uns meses ao IV Encontro Nacional de Festas Tradicionais con Lume celebrado en Jarandilla de la Vera, Cáceres

A queima ten lugar no castro de Castelo, onde se celebra dende hai máis de dous mil anos. Trátase dunha tradición celta da que non se ten constancia escrita pero si se coñece que se mantivo en época romana, ata o punto de que sobreviviu ata os nosos días.