Skip to main content
Taboada

Nace unha nova Escola de Música en Taboada e xa está aberto o prazo de prematrícula

Por 2 Setembro, 2023Setembro 3rd, 2023Sin comentarios

O Concello de Taboada vén de crear unha nova Escola de Música de Taboada coa intención de ensinar a desfrutar e participar da música a toda a veciñanza da vila e xa está aberto o prazo de prematrícula “para coñecer o interese dos veciños por asistir a unha ou varias das materias do programa”, afirman desde a organización.

As actividades ás que se poderán apuntar as persoas interesadas serán individuais e colectivas. Así, as individuais serán canto, gaita, clarinete, frauta, saxofón, tombón, trompa, trompeta, tuba, baixo eléctrico, guitarra clásica, ukelele, violín, acordeón, piano, batería, percusión clásica, percusión latina e percusión tradicional. Pola súa parte, as colectivas serán baller, banda de música, batukada, combo, danza moderna, danza rexional, linguaxe musica, música e movemento e pandeireta.

Desde a Escola de Música sosteñen que é moi importante a preinscrición para coñecer a afluencia de xente que queira participar dunha ou doutra actividade e diso dependerán os horarios, contías e materias que finalmente se impartirán na nosa escola.