Skip to main content
Taboada

Roi Rigueira, alcalde de Taboada, quere mellorar a oferta turística con estratexias focalizadas

Por 14 Setembro, 2023Sin comentarios

O alcalde de Taboada, Roi Rigueira, mantivo estes días unha reunión para levar a cabo estratexias focalizadas en mellorar a oferta turística e atraer xente que visite o municipio.

Participaron da mesma Francisco Xabier Almuiña, veciño por todos coñecido, propietario da Casa Romualdo en Vilela, presidente da Asociación Ribeira Sacra Rural e da Federación Galega de Turismo Rural; Manuel Rolán, propietario da Casa Caserío da Castiñeira en Montederramo, experto na creación, apertura, sinalización, mantemento e dinamización de rotas; Alexandra Seara, xerente do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra; María José Poyán, concelleira de turismo e eu mesmo, en calidade de alcalde do concello de Taboad.

Así, Rigueira, calificou a xuntanza de “moi proveitosa” e engadiu que ” queremos que todo o que nos visite poida desfrutar de todo aquilo que temos, que é moito e moi bo”.

“Xa temos varias propostas sobre a mesa, que estudaremos co máximo rigor posible para potenciar a marca Taboada dentro do paraíso que é a Ribeira Sacra”, engadiu o rexedor.