Skip to main content
Taboada

O libro galardoado no XV certame de investigación ‘Condado de Pallares’ está dispoñible na biblioteca de Taboada

Por 18 Setembro, 2023Outubro 2nd, 2023Sin comentarios

O tenente de alcalde de Taboada, José Portela, participou na presentación do libro galardoado no XV certame de investigación ‘Condado de Pallares’, a investigación As minas de Guntín. Arquoloxía na terra de Pallares, de Jesús Otero Pereiras, quen gañou na edición pasada. As persoas que o desexen poden facerse cun exemplar do libro na biblioteca municipal, de forma gratuíta.

Con esta obra presentouse o certame deste ano, a edición XVI, que ten como finalidade promover os labores de investigación nos ámbitos da lingüística, a historia, a arte, a arqueoloxía, a antropoloxía, etnografía e folclore no antigo territorio que conformaba o Condado de Pallares.

Así, as persoas interesadas en participar desta edición poderán presentar os seus traballos ata o vindeiro 29 de setembro e que está organizado pola Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Secretaría Xeral de Políticas Culturais, a Deputación de Lugo, os GDR Comarca de Lugo e Miño Ulla, Caixa Rural Galega e os concellos de Guntín, Taboada e Chantada.