Skip to main content
O IncioSamos

Unha andaina polo Camiño Eufrasiano terá lugar o 1 de outubro desde Samos

Por 21 Setembro, 2023Outubro 2nd, 2023Sin comentarios

A Asociación As Cavarcas do Incio organiza, coa colaboración do Concello de Samos e a Deputación de Lugo, unha andaina de exploración do Camiño Eufrasiano para todas as persoas interesadas en coñecer máis a contorna do municipio samoense.

A cita terá lugar o vindeiro domingo, un de outubro, a partir das 10.00 horas, momento no cal as persoas participantes congregaranse fronte ao Mosteiro para comezar a ruta, que rematará no Val do Mao sobre as 14.00 horas.

Da man do guía de montaña Iván Álvarez de Coureleando, as participantes poderán coñecer todos os lugares interesantes desta ruta que percorre Samos e o Incio e que é de dificultade baixa.