Skip to main content
Láncara

A ponte sobre o río Sarria no núcleo de Supena, en Láncara, vai ser substituído pola CHMS

Por 7 Setembro, 2023Setembro 8th, 2023Sin comentarios

O goberno local de Láncara conseguiu que a CHMS se encargue da substitución da ponte que se atopa sobre o río Sarria no núcleo de Supena despois de que se publicara no BOE un anuncio da CHMS no que se informa publicamente do proxecto.

Así, a CHMS será a encargada de cambiar a ponte, que presenta un estado deficiente de conservación, polo que se viu necesaria a reparación da súa estrutura xa desde o pasado 3 de febreiro, cando se firmou o protocolo de compromiso entre as dúas entidades.

A inversión para acometer estes traballos será de máis de 750.000 euros, financiados no seu 80% polo pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil e o 20% polo Concello de Láncara.

As obras contemplan a demolición completa da estructura existente e a construción duhna nova ponte de dous carrís, mellorando a comunicación de máis de 200 vecinos dos núcleos de Ronfe e Pousadela.