Skip to main content
Láncara

O Dúo Carpe Diem amenizará as festas na honra á Virxe dos Dolores nas parroquias de Láncara

Por 9 Setembro, 2023Outubro 2nd, 2023Sin comentarios

As parroquias de Armea de Abaixo e Santa María da Lama, de Láncara, acollen as festas na honra á Virxe dos Dolores os vindeiros 16 e 17 de setembro.

Durante estas festas, os veciños e veciñas do municipio de Láncara poderán achegarse para desfrutar da música, da gastronomía e da troula que acompañará estes días.

Así, o sábado 16 haberá unha gran pancetada e verbena amenizada co Dúo Carpe Diem, o DJ Carlos Comic e o DJ Xavi Mallo durante a tarde e a noite.

Pola súa parte, o día 17, domingo, comezará a xornada cunha misa solemne ás 13.00 horas seguida da sesión vermú amenizada polo Grupo M-3 Show. Xa pola tarde, a partir das 18.00 horas, terá lugar a sesión de tarde co DJ Adolfo Valiño, mentres os máis pequenos desfrutan as colchonetas que haberán no campo da festa ata as 20.00 horas.

Por último, á noite os asistentes poderán desfrutar da festa na que actuará o Grupo M-3 Show e o DJ Adolfo Valiño.