
David Arcay, socio de honra do Club de Pesca Río Neira de Láncara, conseguiu proclamarse subcampión do mundo invidual no Campionato do mundo de Salmónidos Mosca, que tivo lugar a semana pasada en Slovakia.
A selección española volveu subirse ao podio, logrando a medalla de bronce, mentres que o socio do club alcanzou, por segundo ano consecutivo, o subcampionato do mundo invidual (terceiro podio individual consecutivo xunto co bronce de Finlandia 2021 e co ouro en Eslovenia 2012).
Así, desde o club din estar moi orgullosos de David Arcay, que adoita facer talleres e formacións para persoas que se inician no mundo da pesca de salmónidos mosca.