Skip to main content
Paradela

As familias de Paradela poderán solicitar praza no servizo de madrugadores a partir do luns

Por 1 Setembro, 2023Outubro 2nd, 2023Sin comentarios

O Concello de Paradela vai abrir o prazo de inscrición para solicitar unha praza no servizo de madrugadores no Ceip Plurilingüe San Miguel de Paradela para este curso que comeza de 2023/2024.

Este servizo, dirixido a nenos e nenas que cursen Educación Infantil ou Primaria no colexio, poderá solicitarse desde o vindeiro 4 de setembro e ata o 8 nas dependencias municipais en horario de 9.00 a 14.30 horas.

Grazas a este recurso, as familias de Paradela poderán levar a cabo unha mellor conciliación familiar, puidendo levar aos seus fillos e fillas cedo ao colexio para poder marchar aos seus postos de traballo.