Skip to main content
Paradela

Este martes haberá unha reunión informativa sobre o proxecto do viñedo Polígono de Loyo de Paradela

A Capela de Loyo, en Paradela, será o escenario no que o conselleiro de Política Rural, José González, presentará o proxecto de recuperación do viñedo Polígono de Loyo de Paradela.

Así, veciños e veciñas, así como propietarios, poderán acudir a esta cita e coñecer todos os detalles que caracterizarán un proxecto de recuperación da terra agraria, construíndo un polígono agrario que se enmarca no DOG, concretamente na Lei 11/2021, de 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia. Para iso, desde 2021 estase a promover a creación de polígonos de 15 hectáreas como mínimo, pero tendo como obxectivo realizalos de 40 hectáreas.

O alcalde, José Manuel Mato, participará desta reunión o martes, 5 de setembro, ás 12.30 horas na mañá na capela de Loyo, en Cortes, para dar conta dos avances que se levan dando desde outubro do ano pasado.