Skip to main content
Paradela

O alcalde de Paradela anuncia que xa se poden solicitar xornadas de balneario

Por 24 Setembro, 2023Setembro 25th, 2023Sin comentarios

Os veciños e veciñas de Paradela interesados en desfrutar do programa ‘Benestar en balnearios’ dependente da Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia xa poden solicitar a súa solicitude.

Así o informou o alcalde de Paradela, José Manuel Mato Díaz, quen lembrou que este programa está destinado a persoas maiores de 60 anos e que o prazo para solicitar este bono é ata o vindeiro 18 de outubro.

A quenda do programa será de 10 días e 9 noites cada unha e realizaranse en réxime de pensión completa desde as 12.00 do día da chegada e a mesma hora do día de saída. Ademais, o desenvolvemento das quendas será entre o 22 de outubro e o 31 de decembro.