Skip to main content
Paradela

As festas de Paradela e a concentración moteira foron todo un éxito

Por 25 Setembro, 2023Sin comentarios

Os veciños e veciñas de Paradela desfrutaron desta fin de semana das festas patronais, que acolleron no seu primeiro día a concentración moteira de ‘Os Mouchos’. Esta estivo protagonizada por 300 persoas ao ser recuperada de novo despois de catro anos sen celebrarse.

Os moteiros levaron a cabo rutas por Triacastela e Portomarín e asistiron ás festas de Paradela, ademais de recibir premios para as persoas participantes máis novos e de maior idade. Despois do éxito destas rutas, Os Mouchos decidiron volver celebrar este evento o ano que vén.

Pero ademais desta concentración, as festas de Paradela caracterizáronse pola festa a través de diferentes concertos, orquestras, a actuación do Coro Sarricanta; así como as comidas populares e as verbenas compartidas pola veciñanza.