Skip to main content
Sarria

O sábado 16 de setembro celebrarase unha edición especial do Napalm Fest do Buril de Sarria

Por 13 Setembro, 2023Setembro 14th, 2023Sin comentarios

A vila de Sarria celebrará o sábado 16 de setembro unha edición especial do Napalm Fest, o festival independente que reúne a varios dos grupos máis importantes do panorama do rock, o metal e o HxC.

A Asociación Cultural, Deportiva e Ecolóxica Buril será a encargada de albergar o evento na súa sede que se sitúa na travesía Mueblenorte. A apertura de portas terá lugar ás 20.00 horas e a entrada, cun custo de 10 euros. Coma sempre durante o festival recolleranse alimentos non perecedeiros para o banco de alimentos de Lugo

Este festival do underground consigue reunir a moitas bandas do panorama galego e nacional de hoxe en día e por iso convértese nunha cita ineludible para todos aqueles amantes do rock, o metal e o HxC.

O cartel para esta edición do Napalm Fest está composto polas bandas Aquelarre, power metal dende Vigo; Soylent green proyect, rock progresivo dende Compostela; Desertia, stoner grunge dende Ponferrada; Roxxter, Metal dende Vigo, e Vrasica, Hard rock/Metal dende Lugo.