Skip to main content
Sarria

O Napalm Fest, que será os días 13 e 14 de outubro, volve renovado

Por 16 Setembro, 2023Setembro 17th, 2023Sin comentarios

Sarria acollerá o venres 13 e o sábado 14 de outubro unha nova edición do seu festival independente Napalm Fest que reunirá a varios dos grupos máis importantes do panorama do rock, o metal e o HxC.

Dende a Asociación Cultural, Deportiva e Ecolóxica Buril comunicaron que “estamos moi contentos de anunciar a nosa clásica cita en outono co underground”.

“Nesta ocasión, unimos forzas con outro festival da nosa localidade; o Back to Nature, evento levado a cabo polos nosos amigos, así que este ano, será Back to Napalm”, engadiron.

Así, neste nova edición contarán coas bandas Mutualistas, punk rock de Lugo; Dioivo, black metal de Vigo; Anecoid, metal de Pontevedra; Cranio, heavy metal de Ferrol; Aneuma, melodeath de Navia; Barbarian Prophecies, death metal de Lugo; Death Bringer, death metal de León; e Slamentable, slam gring de Albacete.

Como sempre o evento será solidario, colaborando novamente co L.A. Santuario Animal, e a entrada terá un prezo de 8 euros por día en taquilla, e 10 euros para os dous días anticipada.