Skip to main content
Sarria

Comezaron os traballos de mellora do pavimento do vial circular do Polígono do Morelle, en Sarria

Por 14 Setembro, 2023Sin comentarios

O Concello de Sarria comezou os traballos de mellora do pavimento do vial circular do Polígono do Morelle, que suporán un  investimento de 121.000 euros e que serán sufragados cunha subvención concedida  pola Xunta de Galicia. 

A actuación, que inclúe a renovación do pavimento e o pintado da sinalización  horizontal, foi adxudicada á empresa Probisa e a previsión do goberno local é que  estea completamente rematada a finais da vindeira semana.