Skip to main content
Sarria

O Partido Popular estivo presente na inauguración da nova sede de Cáritas

Por 22 Setembro, 2023Sin comentarios

A nova sede de Cáritas en Sarria foi inaugurada nun acto no que participou o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, xunto cos representantes do Partido Popular na vila. Alí, Arias destacou o papel “imprescindible” que xoga esta entidade na loita contra a pobreza e a exclusión social. Afirmou que neste cometido “seguirá contando co apoio da Xunta, para garantir a viabilidade dos seus proxectos”.

Arias afirmou que o Goberno galego seguirá traballando “para garantir a atención a persoas en situación vulnerable” e subliñou o incremento no orzamento dedicado a inclusión, que este ano subiu nun 25% ata chegar aos 150 millóns de euros.

“De xeito especial a Xunta reforza a alianza coas entidades sociais”, dixo, con medidas como unha orde de axudas dotada este ano con 19,7 millóns de euros para financiar os programas, centros de acollida, comedores sociais e demais servizos que poñen a disposición dos colectivos máis desfavorecidos.

Ademais, fixo fincapé “a colaboración continuada” da Administración autonómica para desenvolver as súas iniciativas en favor da infancia, das familias e das persoas con menos recursos. Así, o ano pasado Cáritas Lugo obtivo 702.500 euros das axudas da Consellería de Política Social e Xuventude con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF para executar en 2023. Da contía total, 376.500 son para destinar á área de inclusión.

Ás novas dependencias trasladáronse os servizos que Cáritas ofrece no municipio de Sarria: acollida, orientación laboral, asesoría xurídica e aulas para impartir cursos de formación.