Skip to main content
Triacastela

A XI Feira da Artesanía e Produtos da Zona de Triacastela terá lugar o 23 de setembro

Por 4 Setembro, 2023Outubro 2nd, 2023Sin comentarios

O vindeiro 23 de setembro terá lugar a XI edición da súa Feira de Artesanía e Produtos da Zona do Concello de Triacastela, no que poderán participar todos os artesáns interesados en expoñer aos veciños e veciñas e visitantes os seus produtos.

Estes deberán dispoñer da carta de artesán e anotarse chamando ao Concello de Triacastela ou achegándose ata a Casa Consistorial, onde poderán coñecer todas as características dos postos que poderán poñer para o desfrute de todas as persoas que decidan pasar o día neste municipio da comarca sarriá.

Está previsto que, ademais dos expositores, haxa música e postos onde comer, como polbeiros, para poder pasar o día. Entre a programación, ademais, tamén está previsto que haxa cantos de taberna.