Skip to main content
Triacastela

O alumnado do Ceip Eduardo Cela Vila fixo unha excursión pola contorna natural do municipio

Por 22 Setembro, 2023Sin comentarios

O alumnado do CEIP Eduardo Cela Vila realizou unha saída para recoller diferentes elementos naturais coa premisa de respectar a contorna natural e os seres vivos que habitan nela dividos en catro grupos diferentes.

Estas catro formacións realizaron unha posta en común do recolectado, recoñecendo diferentes especies vexetais e refrescando coñecementos ligados ás areas científicas co fin de crear un mural entre o alumnado de todo o centro onde representen a paisaxe do Concello de Triacastela.

Esta iniciativa educativa faise coa intención de promover o coñecemento por parte dos nenos e nenas da natureza da súa contorna e estimular así as súas capacidades cognitivas e a súa empatía coa natureza.