Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca TERRACHÁXA

Comeza a instalación de 51 paradas de bus en estradas da metade norte da provincia

Por 2 Setembro, 2023Sin comentarios

A Xunta vén de comezar as obras de mellora da accesibilidade e conectividade de 51 paradas de autobús situadas nas estradas autonómicas ao paso das rutas de acceso polo norte á cidade de Lugo.

As actuacións, que suporán un investimento de 2,2 M€ inclúen a mellora deste conxunto de 51 paradas de autobús situadas en 15 estradas autonómicas ao paso por 10 concellos da provincia.

A través deste contrato, a Xunta procede ao acondicionamento de 30 paradas en Lugo; 5 en Xove; 4 en Castro de Rei; 2 en Riotorto; 2 en Outeiro de Rei; 2 no Vicedo; 2 en Cospeito; 2 en Begonte; 1 en Abadín; e 1 en Meira.

As intervencións iniciadas dotarán as paradas de autobús de marquesiñas, postes, bancos ou apoio isquiático.

Tamén se inclúen obras para facilitar as manobras dos autobuses e favorecer a conectividade das paradas a través da execución de beirarrúas ou sendas peonís.

Así mesmo, reforzarase a seguridade das paradas, tamén con perspectiva de xénero, coa eliminación de vexetación, a mellora da visibilidade e iluminación na súa contorna, e actuarase mellorando a información e a sinalización.

Estas intervencións enmárcanse no Plan de mellora da seguridade e accesibilidade das paradas de autobús nas estradas autonómicas, co que a Xunta ten previsto investir arredor de 35 M€ para a mellora de 1.100 paradas en toda Galicia.

Os proxectos están financiados ao abeiro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia da Unión Europea–Next Generation EU e enmárcase no Plan de infraestruturas da Xunta para unha mobilidade segura, verde e intelixente.