Skip to main content
Comarca LUGOXAComarca TERRACHÁXA

Rematan as obras de asfaltado na estrada que une Rábade con O Santo, en Vilalba

Por 6 Setembro, 2023Setembro 7th, 2023Sin comentarios

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade traballa na mellora do firme da estrada autonómica LU-111, desde a conexión coa A-6 en Rábade ata o enlace coa LU-120 no núcleo do Santo, en Vilalba.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, comprobou hoxe o avance dos traballos á altura de Begonte. Explicou que a actuación inclúe toda a lonxitude da vía e a superficie completa da calzada, que discorre ao longo de 18,4 quilómetros polos concellos de Rábade, Begonte, Cospeito e Vilalba.

Nas partes deterioradas executáronse fresados localizados e reposición con mestura bituminosa en quente a carril completo. Neste momento estase a traballar na renovación da capa de rodaxe coa aplicación dunha capa de microaglomerado en frío en toda a calzada; e na última fase pintarase a sinalización horizontal para mellorar as prestacións da vía.

Estas obras forman parte dun contrato por importe de algo máis de 3 millóns de euros para mellorar catro estradas que vertebran as comunicacións en concellos da Terra Chá e da comarca de Lugo.

Están incluídas así mesmo as melloras da LU-121 -que tamén conflúe coa LU-120 á altura do Santo, neste caso en dirección Moncelos (Abadín) ; da LU-120 (Vilalba-Paraxes) e da LU-113 (Rozas-Abadín). Os concellos de actuación son Rábade, Abadín, Vilalba, Begonte, Castro de Rei, Cospeito e A Pastoriza.