Skip to main content
As PontesDeportes AMARIÑAXADeportes TERRACHÁXAViveiro

Xogadores do Astérix de Viveiro e do Fendetestas das Pontes participan nun festival feminino de rugby

Por 22 Setembro, 2023Sin comentarios

Esta fin de semana as rapazas M16 e M18 da Escola de Rugby Astérix de Viveiro e do CR Fendetestas desplázanse a Aranda de Duero onde terá lugar o segundo Festival Nacional de Rugby feminino M18. Trátase da maior concentración de rapazas a nivel nacional, onde estarán presentes as promesas e moitas realidades do futuro da selección nacional.

Dende os estes clubs e dende a Federación Galega de Rugby considérase esencial o apoio ao rugby femenino, sobre todo en categorías de formación para o desenvolvemento deportivo e persoal das rapazas. “É unha ocasión única de xogar con outras nenas habida conta de que a competición galega ten lugar en categoría mixta ata os 18 anos”, din.

O evento será retrasmitido por streaming e poderemos ver as evolucións das nosas durante todo o sábado e o domingo á mañá.

O rugby feminino está en aumento en canto a número de licenzas e sobre todo nas categorías inferiores, onde se está asentando como unha alternativa deportiva real para as nenas.

No CR Fendetestas comezan a vindeira semana cos adestramentos, contando este ano con case un 45% de licenzas femininas nas categorias de base, o que supón todo un logro tanto a nivel local como provincial. Os adestramentos serán martes, xoves e sábados nas instalacións deportivas do Poboado, e toda a información sobre a inscrición pode atoparse na páxina web do club.