Skip to main content
Begonte

O Cercud de Baamonde organiza unha excursión guiada a Lugo

Por 24 Setembro, 2023Sin comentarios

O Cercud de Baamonde organiza unha excursión a Lugo para o próximo 19 de outubro. Esta será guiada e dará comezo ás 9.15 horas desde a praza de Baamonde.

Farase un percorrido comentado polo centro de Lugo e tomarase un café no barrio da Ponte con posterior visita ás Termas Romanas.

Tamén está prevista un percorrido pola Arte Urbá LUcense nos barrios do norte e un visita ao MIHL.

O prezo da excursión é de 15 euros para socios ordinarios do Cercud, 20 para os comuneiros e 33 para os non socios. O xantar e o transporte están incluídos.

Como só hai 30 prazas recoméndase anotarse cedo.