Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

Chegan a Ponte de Outeiro as súas festas na honra á Virxe da Portería

Por 6 Setembro, 2023Setembro 12th, 2023Sin comentarios

Ponte de Outeiro, no concello de Castro de Rei, celebrará esta fin de semana a festa na honra á Virxe da Portería.

As celebracións darán comezo o sábado 9 ás 13.30 horas con misa solemne e procesión. A orquestra Galaxia será a encargada de amenizar a sesión vermú e a verbena, xunto co grupo New York.

Así mesmo, o domingo repetirase a misa ás 13.30 horas e o apartado musical estará dirixido pola orquestra Stereo en dobre sesión, vermú e verbena.