Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

O Museo Castro de Viladonga retoma os obradoiros nas dúas sedes

Por 5 Setembro, 2023Setembro 12th, 2023Sin comentarios

O Museo do Castro de Viladonga ofrecerá os días 9 e 10 de setembro un obradoiro de cerámica castrexa impartido por Sandra Obarrio da Fundación Terra Termarum Castrolandín de Cuntis.

Este obradoiro comezará o día 8 de setembro en horario de 11 a 14 coa elaboración dunha peza e o día 10 levarase a cabo a decoración desa peza.

Xa o día 30, dependendo da climatoloxía, realizaráse a cocción das pezas realizadas no obradoiro nun forno aberto in situ na contorna do museo.

Pódense facer a inscrición chamando ao teléfono 982 870 160 p0r rigosoa orde de inscrición.

Ademais, entre os días 11 e 15 de setembro terá lugar un obradoiro de escolmado de palla de centeo para teitar. Será entre as 9.00 e as 13.00 horas. e terá lugar no conxunto etnográfico das Pallozas do Cebreiro. As persoas que desexen participar teñen aberto prazo de inscrición no mesmo número de teléfono.