Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

O Mago Antón recibirá o título de chairego de Honra

Por 9 Setembro, 2023Setembro 10th, 2023Sin comentarios

A Asociación Xermolos e a Irmandade Manuel María nomearán ao Mago Antón Chairego de Honra 2023. O homenaxeado, natural da localidade de A Meda en Castroverde, reside actualmente no concello chairego de Castro de Rei e ten moita vinculación con terras chairegas, en especial co desaparecido Xosé Manuel Carballo.

O acto de homenaxe será o sábado 16 de setembro ás 12.00 horas na Casa da Cultura de Castro de Ribeiras de Lea.

Neste acto, que será dirixido por Xulio Xiz, intervirán o escritor Xoán Cuba, o mago Román García, o poeta Ramón Mayrata e o mago David Méndez.

Despois do acto de homenaxe haberá unha pulpada na carballeira do campo da feira amenizada por gaiteiros e servida por Gutier Domingos, de Melide, que obtiveron o primeiro premio de pulpeiros no VIII Galicia Forum Gastronómico. Para o xantar hai que recoller o vale, que ten un prezo de 25 euros, na propia caseta do pulpo

Será preciso inscribirse no teléfono 646 413 890.