Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

Chega a primeira edición da festa dos Ovos Rotos con Chourizo

Por 11 Setembro, 2023Outubro 13th, 2023Sin comentarios

A Asociación de veciños de Ribeiras do Lea celebra o 30 de setembro a primeira Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía nesta localidade de Castro de Rei.

A xornada festiva vai consistir nun xantar popular con empanada, ovos rotos con chourizo, postre, gotas e bebidas por 20 euros; ademais dunha feira de artesanía co seu taller, xogos e música tradicionais, un pregón e sesión vermú. A partir das 16.45 horas haberá música.

Os tickets para ese xantar popular pódense adquirir chamando aos teléfonos 617 710 532 ou 647 710 736 ou nos locais colaboradores en Castro Ribeiras de Lea, bar A Carballeira e Piensos Fulgencio e con cada ticket regalarase un prato conmemorativo.