Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

Comeza en Ribeiras do Lea a primeira edición da festa dos Ovos Rotos con Chourizo

Por 29 Setembro, 2023Setembro 30th, 2023Sin comentarios

A Asociación de veciños de Ribeiras do Lea celebra este sábado a primeira Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía nesta localidade de Castro de Rei cun amplo programa de actividades.

A xornada festiva vai consistir nun xantar popular baixo carpa con empanada, ovos rotos con chourizo, postre, gotas e bebidas por 20 euros; ademais dunha feira de artesanía co seu taller, xogos e música tradicionais, un pregón e sesión vermú. A partir das 16.45 horas haberá música.

A festa dará comezo ás 11.00 coa apertura da Feira de artesanía e o posterior pasarrúas a cargo de Batifoula de Vilalba, que actuarán de novo ás 18.45 antes do peche da feira. Ás 12.00 será a primeira mostra dos talleres de artesanía e Son Galego porá o tono musical a continuación.

A sesión vermú estará a cargo de José Manuel, ex vocalista da orquestra Abanico.

Pola tarde, ás 16.15 horas está previsto un pregón coral sobre a Memoria vida da Ribeira, contada por catro veciños da parroquia entrevistados polo xornalista local Francisco Campos Freire. Volverá a actuar a continuación José Manuel e pola tarde haberá xogos populares a cargo de Xotramu, un novo taller de artesanía, de cestaría, roupa, coiro e instrumentos e novos pasacalles a cargo de Son Galego, primeiro, e Bloco Meigallo, despois.