Skip to main content
Cospeito

A Festa da Filloa de Muimenta foi recoñeida cos premios á excelencia turística

Por 12 Setembro, 2023Sin comentarios

A Festa da Filloa de Muimenta, en Cospeito, resultou recoñecida nos premios á excelencia turística do Consello Provincial de Turismo, segundo acordou este órgano presidido pola Deputación nunha sesión extraordinaria celebrada este martes no salón de plenos do Pazo de San Marcos.

A Festa da Filloa celébrase dende 1992 na localidade chairega cada primeiro de maio, e conta coa declaración como Festa de Interese Turístico Galego. A institución provincial achega 7.000 euros a esta cita turística para contribuír a dinamizar a economía local e da comarca.