Skip to main content
Guitiriz

Abre o prazo de inscrición nos talleres de memoria de Guitiriz

Por 11 Setembro, 2023Sin comentarios

Concello de Guitiriz abre mañá, luns 11 de setembro, o prazo de inscrición para o taller de estimulación cognitiva e da memoria que arrincará no mes de outubro nas súas sedes de Guitiriz e Parga.

As persoas participantes realizarán actividades de atención, ximnasia cerebral, concentración, memoria e lóxica.

O grupo de Guitiriz, que comezará o 20 de outubro, verase os venres ás 11:30 horas na Casa Habanera. O grupo de Parga, con inicio 19 de outubro, verase os xoves ás 11:00 horas na Escola das Nenas do Campo da Feira.

As persoas participantes realizarán actividades de atención, ximnasia cerebral, concentración, memoria e lóxica.

O prazo para anotarse remata o 13 de outubro ou ata completar aforo e pode formalizarse de xeito presencial no Rexistro da casa do concello ou a través da sede electrónica.