Skip to main content
Deportes LUGOXADeportes TERRACHÁXAGuitirizLugo

Guitiriz acolle un dos partidos de pretempada do Ensino

Por 13 Setembro, 2023Outubro 13th, 2023Sin comentarios

O pavillón Jonathan Carro de Guitiriz acollerá este sábado, 16 de setembro, o partido de baloncesto feminino entre o Durán Maquinaria Ensino e o Celta Zorka Recalvi, organizado pola Asociación Xuvenil Sagrado Corazón e Líder coa colaboración da Área de Muller e Igualdade, a Deputación de Lugo e do Concello.

O encontro, que terá lugar ás 19:30 horas, forma parte da pretemporada de ambos conxuntos e a entrada será libre.

O concelleiro de Deportes, Iván Morado, salienta “a aposta que se fai desde o Concello polo fomento do deporte feminino” e agarda “unha gran acollida e asistencia” entre os amantes do baloncesto.