Skip to main content
Guitiriz

O Curro Vello de Guitiriz festexa hoxe o Ecce Homo

Por 14 Setembro, 2023Setembro 15th, 2023Sin comentarios

O Curro Vello de Guitiriz celebra hoxe a Festa do Ecce Homo, unha sesión que dará comezo ás 11.30 horas co pasarrúas a cargo da charanga NBA.

Ás 13.00 horas haberá misa solemne e procesión na Capela do Ecce Homo para continuar coa tradicional sesión vermú a cargo do dúo Venus.

Durante a tarde terá lugar a tradicional carreira de carretillas e a décima festa da escuma, a cargo de Brinkadeiras, a partir das 17.00 horas.

Como teñen por costume, ás 20.303 horas dará comezo unha liscada gratuíta, antes da verbena de fin de festa, na que volverá actuar Venus e tamén o grupo Fénix.

A organización lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa.