Skip to main content
Guitiriz

A Aula CeMIT de Guitiriz abre o prazo para matricularse no curso de informática

Por 16 Setembro, 2023Sin comentarios

A Aula CeMIT de Guitiriz acollerá este curso 2023-2024, e desde outubro ata xuño, unha actividade de informática e competencias dixitais gratuíta e con prazas limitadas para a que xa está aberto o prazo de inscrición.

Estará dirixido a tres sectores de idade. No caso das persoas adultas, a formación realizarase os martes e xoves en horario de 10:30 a 12:00 horas pola mañá ou de 16:30 a 18:00 horas pola tarde. Para os nenos e nenas de entre 7 e 9 anos será os luns de 16:15 a 17:45 horas e para os nenos e nenas de 10 a 12 anos os mércores na mesma franxa.

As inscricións para matricularse no curso están abertas ata o 27 deste mes e poderán formalizarse na Aula CeMIT, a través do número de teléfono 606 32 55 97 ou no correo electrónico cemit.guitiriz@xunta.gal