Skip to main content
Guitiriz

As Negradas, de Guitiriz, estará de festa a fin de semana

Por 22 Setembro, 2023Sin comentarios

A localidade de As Negradas, en Guitiriz estará de festa a fin de semana na honra a San Miguel.

O sábado, haberá misa solmene ás 13.30 horas, seguido dunha procesión e sesión vermú a cargo da orquestra Pontevedra que, ademais, será a encargada de amenizar a verbena da noite xunto ao grupo Madastur.

O domingo, a xornada relixosa será á mesma hora, seguido dunha sesión vermú co grupo Los Adrianos que tocarán, ademais, na verbena da noite xunto ao grupo Beatriz.

A organización lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa.