Skip to main content
Meira

O colexio de Meira xa conta cun novo servizo de conciliación para o vindeiro curso

Por 9 Setembro, 2023Setembro 10th, 2023Sin comentarios

En vista do éxito do ano anterior, o colexio de Meira conta cun novo servizo de conciliación familiar neste curso 2023-2024, para aquelas familias que o necesiten antes da entrada do colexio ou á saída.

O Concello, sabendo a importancia que ten a conciliación, dispuxo este servizo de forma gratuita para as familias dos colexios e, para iso, contou coa axuda da dirección do centro e da propia asociación de pais.

O horario será polas mañás, de 7.30 a 9.10 horas e polas tardes, de 14.45 a 17.30 horas e poden asisitir todos os rapaces dende 4º de infantil ata 6º de primaria. Hai xa 28 rapaces apuntados.

Desde o Concello, queren dar as grazas ao colexio e ao ANPA polo apoyo e a confianza depositada.