Skip to main content
Meira

Seixosmil inicia hoxe as súas festas cunha churrascada

Por 22 Setembro, 2023Sin comentarios

A localidade de Seixosmil, en Meira inicia hoxe as súas festas na honra ás Mercedes cunha churrascada popular a partir das 21.30 horas. A continuación haberá unha verbena a cargo de Tania e o seu acordeón.

O sábado iniciarán as celebracións coa tradicional misa e procesión. A sesión vermú estará a cargo de La Rosa, que tamén se ocupará da verbena xunto a América.

O domingo rematará a festa coa sesión vermú, que estará protagonizada por Javi Show, que actuará despois da misa, prevista para as 13.00 horas.