Skip to main content
Meira

Organizan en Meira unha andaina para este sábado

Por 26 Setembro, 2023Sin comentarios

O próximo sábado, o 30 de setembro, o Concello de Meira pechará as actividades do mes cun paseíño guiado. Neste caso será camiñar a carón do Miño desde Meira ata Paraxes para ver o Museo do veciño Lito.

A camiñada partirá ás 16:30 h. da Oficina de Turismo e as persoas que desexen participar deberán inscribirse nesta actividade que é de balde.

Por outra banda, continúa a exposición dos Adeuses Eternos na igrexa con exposición de fotografías dos epitafios en galego nos cemiterios meiregos, e en breve repetirase a visita guiada ao cemiterio de San Roque, xa que tivo moi boa acollida no verán e foi repetida en varias ocasións.