Skip to main content
Muras

Os D’Abaixo actúan este sábado en concerto en Muras

Por 8 Setembro, 2023Setembro 12th, 2023Sin comentarios

Muras acollerá este sábado, 9 de setembro, o concerto do grupo Os D’Abaixo, para presentar Somos a pedra, un traballo onde a liña tradicional mestúrase con aires novos e composicións propias.

O concerto terá lugar, dependendo da meteoroloxía na praza do local social ou na Casa do Médico, a partir das 20.00 horas.

Un grupo que enriquece a música de raíz e transpórtanos no tempo a todos os recunchos de Galicia e da súa música. A súa calidade, orixinalidade e espírito festivo son a carta de presentación desta banda imprescindible no folk galego actual.

Os d’Abaixo nacen en 2010 para animar bailes e festas tradicionais na contorna de Compostela. Pezas tradicionais, arranxos modernos e músicas de nova composición con historias e lendas, evocacións da natureza en melodías que se entrelazan como enredadeiras.