Skip to main content
Muras

O Concello de Muras acorda coa Xunta unha prórroga nos saneamentos de gando

Por 11 Setembro, 2023Sin comentarios

O alcalde de Muras, Manuel Requeijo Arnejo, publicou un bando no que comunica á veciñanza o acordo ao que chegou coa Xunta para evitar os saneamentos do gando ata o 24 de setembro.

Segundo explica, despois das numerosas queixas de gandeiros e gandeiras chamados para facer o saneamento antes da Feira do Poldro, o que impedía asistir á mesma ao non contar coa Carta Verde, desde o Concello contactouse coa Xunta para buscar unha solución.

Chegouse a un acordo polo que, entre o 4 e 24 de setembro, non se farán saneamentos e quen fose chamado para facelo, deberá chamar ao Concello, dar nome do titular e número de REGA da explotación para cambiar a data.

Con esta medida garantízase a asistencia á Feira do Poldro, que terá lugar os días 23 e 24 de setembro nesta localidade.