Skip to main content
Muras

Presentada a nova edición da Feira do Poldro de Muras

Por 16 Setembro, 2023Setembro 17th, 2023Sin comentarios

Muras celebrará o vindeiro 24 de setembro unha nova edición da Feira do Poldro e do Gando de Monte, co apoio de Medio Rural da Deputación de Lugo. O deputado de Medio Rural Daniel García, o alcalde de Muras Manuel Requeijo, a tenente de alcalde Paula Gómez, Laura Peteiro de Puraga e Benigno Gómez da Asociación Atila, presentaron esta tarde en San Marcos o programa da feira, que pon en valor a actividade gandeira e promociona a carne de poldro e do gando de monte.

A tenente de alcalde, Paula Gómez, encargada da coordinación do programa da feira, destacou a importancia da gandeiría para o concello e agradeceu a colaboración de gandeiras e gandeiros, de Atila e de Puraga na organización da feira, que, explicou, “comezará o sábadocunha degustación de carne e xogos rurais, a cargo de Atila, que pretende servir de premio e recoñecemento para todas as persoas que se involucran na organización da Feira”.

O domingo, o recinto feiral, onde se concentra a compra venda de gando, abrirá ás 10.00 horas. O mercado prolongarase durante a mañá, con actividades paralelas como unha exhición de escultura de madeira con motoserra, un concurso morfolóxico de Puraga ou unha homenaxe á Asociación Atila, que con 200 persoas socias aglutina a paixón polo cablo en Muras e na contorna. Durante a xornada, as máis pequenas e pequenas poderán disfrutar de actividades propias como bautismos hípicos.

Unha das novidades do programa son as carreiras de andadura libre, que se celebrarán durante a tarde, nas modalidaes serrada e chapeada. Tanto para as carreiras como para o concurso de animais requírese inscrición previa, no enderezo electrónico administracion@muras.gal ou a través da sede electronica do Concello de Muras. O prazo está aberto ata o o día 21, para as carreiras, e ata o 22, para o concurso de animais.

O deputado de Medio Rural valorou “a tradición desta feira gandeira que, ademais de xenerar unha actividade económica importante, supón unha o oportunidade para recoñecer o valor ambiental, social e cultural da gandería e dos sistemas tradicionais de cría no monte” e remarcou a “importancia da gandeiría extensiva para o equilibrio territorial e para unha produción alimentaria de calidade e proximidade”, apuntou.

PROGRAMA

Sábado, 23 de setembro

  • 20.00h. Degustación de hamburguesa de carne de poldro 100% raza autóctona
  • 20.30h. Xogos rurais a carga da asociación ATILA

Actividades infantís de balde:

  • Bautismo hípico (Pony Club), de 12.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 18.00 horas
  • Hinchables e toro mecánico, de 11.30 a 14.30 horas.

Domingo, 24 de setembro

  • 10.00 h. Apertura da feira
  • 10.30 h. Calificación do gando
  • 11.00 h. Exhibición de escultura de madeira con motoserra
  • 11.00 h. Concurso morfolóxico Puraga
  • 12.00 h. Homenaxe Asociación Atila
  • 12.30 h. Degustación de hamburguesa de carne de poldro 100% raza autóctona
  • 13.00 h. Carreiras de Cabalo Marchador Galego (Puraga)
  • 15.30 h. Presentación de carreiras de andadura
  • 15.45 h. Comezo carreiras de andadura
  • 19.00 h. Entrega de premios