Skip to main content
A PastorizaComarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXA

Arranca o sábado unha nova edición do Volante Deputación

Por 15 Setembro, 2023Sin comentarios

Esta fin de semana celébrase a 12ª edición do Volante Deputación de Lugo, unha actividade que pretende achegar a calquera persoa sen experiencia o mundo da competición automobilística, vivindo desde dentro un rallie como o San Froilán, tal vez o mais carismático de Lugo, combinando deporte e formación, posibilitando ao gañador vivir a experiencia de pilotar participando nun rallie.

Esta iniciativa deportiva, con carácter absolutamente gratuíto, que está posta en marcha pola Deputación de Lugo, consiste nunha selección onde os participantes recibirán un curso de condución para igualar e equilibrar coñecementos entre uns e outros. Celebrarase no circuíto da Pastoriza. O proceso de selección estará supervisado por un xurado composto por pilotos, monitores de PTC Escuela e colaboradores deste proxecto.

O titular do primeiro premio será seleccionado como piloto e participará no Rallye San Froilán 2023 dentro da estrutura do equipo de competición PTC de forma totalmente gratuíta. O segundo e terceiro clasificados recibirán como premio unha formación especifica de piloto recibindo un curso multidisciplinar de competición, curso ao que loxicamente tamén terá acceso o vencedor.