Skip to main content
As Pontes

Continúan as formacións na aula CeMit das Pontes

Por 5 Setembro, 2023Outubro 13th, 2023Sin comentarios

A aula CeMit das Pontes acollerá, outro mes máis, os seus cursos de formación tecnolóxica.

O primeiro dos cursos é o de Iniciación no desenvolvemento de páxinas web – HTML e CSS, que terá lugar a partir do 12 de setembro, todos os martes de 16.00 a 20.30 horas e xoves de 16.00 a 19.00 horas.

Outra das formacións é a de Introdución á programación para maiores, a partir do 11 de setembro, todos os luns do mes, en horario de 16:00 a 19:00 horas.

Ademais, haberá un curso de Creación de aplicacións web para principiantes, que será todos os venres de 16.00 a 20.30 horas e sábados de 9.00 a 13.30 horas, a partir do 8 de setembro.

Todas estas actividades desenvolveranse na Aula CeMit, no Soto da Casa Dopeso.

Para inscribirse, podese facer por teléfono, acudindo ao número 670 892 227 ou no mail cemit.aspontes@xuntal.gal.