Skip to main content
As Pontes

A Faeira comeza as súas patronais cunha churrascada

Por 24 Setembro, 2023Outubro 13th, 2023Sin comentarios

A parroquia de A Faeira, nas Pontes, celebra a fin de semana do 29 de setembro ao 1 de outubro as súas festas patronais comenzando ese mesmo venres cunha churrascada por 15 euros. Os interesados en apuntarse poden facelo antes do 27 de setembro.

O sábado 30 a actividade dará comezo ás 13.00 horas cunha misa solemne seguida dunha sesión vermú a cargo do grupo Pasión. Esta mesma orquestra unirase á Olympus para a gran verbena.

O domingo 1 continuarán as celebracións con misa ás 13.00 horas. A sesión vermú que virá a continuación, cos dúos Venus e Carpe Diem, porán o punto e final ás festas.