Skip to main content
As Pontes

Propietarios de terreos das Fragas do Eume concentraranse de novo o sábado

Por 14 Setembro, 2023Sin comentarios

Os propietarios dos terreos das Fragas do Eume convocaron unha manifestación para o día 16 na rotonda de Cabanas. O obxectivo da protesta é reclamar “compensacións xustas” pola “expropiación encuberta” dos seus terreos en virtude do plan de xestión deste territorio.

A veciñanza considera que o Goberno galego non ofrece “compensacións xustas” para os propietarios dos terreos, que durante décadas preservaron e contribuíron a manter o parque como está na actualidade.

O Concello das Pontes colaborará unha vez máis con esta concentracción poñendo un servizo de autobús desde As Pontes para esta concentración. Este sairá o sábado ás 9.15 horas da estación de autobuses local facendo paradas por Ribadeume, Bermui, A Faeira, San Pedro de Eume, Goente e A Capela.

Os interesados en anotarse poden facelo no teléfono 667 129 325 antes das 14.00 horas do venres 15.