Skip to main content
As Pontes

Poupariña, nas Pontes, inicia os Luns Micolóxicos

Por 30 Setembro, 2023Outubro 18th, 2023Sin comentarios

A Asociación Micolóxica Poupariña, en colaboración co Concello das Pontes, organiza os Luns Micolóxicos. Esta actividade, totalmente gratuíta, terá lugar todos os luns, de 18.30 a 20.30 horas na Casa Dopeso.

Desde a organización animan a todo o que queira, a traer os seus exemplares, sempre limpos e en bo estado, con tódalas súas partes incluidas as soterradas, para que sexan observadas.