Skip to main content
Vilalba

Sancovade celebra as súas festas esta fin de semana

Por 5 Setembro, 2023Setembro 12th, 2023Sin comentarios

A localidade vilalbesa de Sancovade celebra esta fin de semana as súas festas patronais na honra a nosa señora de Guadalupe.

Estas darán comezo o venres 8 ás 17.00 horas cunha festa infantil a cargo de Puzzle Animación, que tamén será o encargado da fin de festa xunto cos grupos Noxo Me Das e Festicultores, ás 22.00 horas.

O sábado, a xornada festiva comezará ás 13.30 horas cunha misa e procesión, esta última acompañada do grupo Buxos Verdes.

A sesión vermú e tamén a verbena contará coa actuación do grupo Pasión que, tamén será a encargada da verbena, xunto cos grupos Furia Joven e Saudade.

O domingo a procesión terá lugar ás 13.00 horas dende a Capela ata o campo da festa, acompañada do grupo Entre Lusco e Fusco. A misa será ás 13.30 horas no campo da festa, seguida dunha sesión vermú a cargo do grupo Suavecito.