
A parroquia vilalbesa de Oleiros estará de festas o 16 e 17 de setembro con motivo da honra a San Mamed e San Ecce-Homo.
O sábado, a xornada festiva dará comezo ás 13.30 horas cunha misa solemne, seguida da procesión e sesión vermú, que estará amenizada pola orquestra Fuego que tamén será a encargada da verbena que se organizará pola noite.
O domingo, a xornada relixiosa será á mesma hora, seguida dunha sesión vermú co grupo Máster ao seu cargo.