Skip to main content
Vilalba

Vilalba estrea cos actos das festas a nova praza diante da Alameda na rúa da Pravia

Por 1 Setembro, 2023Setembro 3rd, 2023Sin comentarios

A nova praza diante da alameda de Vilalba, froito da reforma integral da rúa da Pravia, xa está a acoller actuacións músicais e outras actividades para desfrute da veciñanza.

O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Medio Ambiente e Espazos Naturais, Luis Fernández, sinala que un dos obxectivos desta actuación foi precisamente “que se puideran realizar este tipo de actos para desfrutar todos e todas”.

Este é o primeiro verán no que se pode facer uso da praza, logo das obras de reforma integral da rúa da Pravia, a arteria principal do concello.

Fernández destaca que a praza e o conxunto da reforma da rúa “forman parte da nosa aposta pola humanización e a recuperación dos espazos para as persoas”.