Skip to main content
Vilalba

Proxectan en Vilalba ‘María Casares, a muller que viviu mil vidas’

Por 6 Setembro, 2023Setembro 12th, 2023Sin comentarios

O Instituto de Estudos Chairegos (Iescha), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, organiza a proxección documental María Casares, a muller que viviu mil vidas, de Xavier Villaverde, continuando así coa programación do ciclo Mestre Mateo que durante o ano 2023 bríndanos a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas dos XXI premios Mestre Mateo.

Esta terceira proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o domingo 10 de setembro de 2023, ás 20.oo horas.

María Casares: A muller que viviu mil vidas propón unha aproximación íntima e profunda á vida desta muller extraordinaria; unha homenaxe desde a súa Galicia natal, á que nunca esqueceu, no primeiro centenario do o seu nacemento, a unha figura cegadora, magnética e fundamental nas artes escénicas da Europa do século XX.