Skip to main content
Vilalba

Modesto Renda anuncia un investimento de 378.000 euros nas parroquias ata fin de ano

Por 4 Setembro, 2023Sin comentarios

O Concello de Vilalba investirá un total de 378.245,81€ nas parroquias nos próximos tres meses. Así o anunciou o responsable de Infraestruturas Rurais Modesto Renda, de Vilalba Aberta, nunha rolda de prensa convocada coincidindo co remate das festas de San Ramón e Santa María.

A inversión, procedente na súa totalidade de fondos propios do Concello, permitirá acometer a necesaria renovación e mellora de ata 24 viais de titularidade municipal e as primeiras 14 parroquias beneficiadas serán as de Vilapedre, Corvelle, Samarugo, Distriz, Sancovade, Román, Goiriz, Lanzós, San Simón, Torre, Soexo, Insua, Oleiros e Xoibán.

Ademais, e tal e como explicou Renda, a suma deste “importantísimo investimento” e a do Plan de Camiños que dende a Área de Infraestruturas veñen de adxudicar, suporá un investimento neto de máis de medio millón de euros (520.104€) no que resta de 2023.

“Dixémolo e farémolo: O noso obxectivo é facer xustiza coas parroquias en materia de investimentos e isto só é o comezo”, declarou.